Wednesday 24 de April de 2024

A Xunta asiste aos actos conmemorativos da Nosa Señora da Mercé no Centro Penitenciario de Teixeiro


 

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, xunto co delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, e o xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, asistiron hoxe aos actos conmemorativos da festividade da Nosa Señora da Mercé, celebrados no centro penal de Teixeiro.

O cárcere de Teixeiro é un exemplo de rehabilitación e reinserción a través do programa Nelson Mandela, iniciativa pioneira que desenvolve a Xunta de Galicia en colaboración co Goberno central para facilitar o tránsito cara á liberdade da poboación reclusa.